Riotorto no tempo

Paisaxes e retratos

Nas paisaxes vemos como foi cambiando Riotorto ó longo do tempo. Por outra banda, a fotografía era moitas veces a única maneira de coñecer a familiares nados na emigración e tamén dalos a coñecer a aqueles veciños que por motivos económicos tiveron que marchar buscar a vida noutras terras.

Ver todas Buscar por: DataTagsLugar

Comentarios

Máis imaxes

Última imaxe

O Corelo

Antonio López Arias, fotógrafo nos primeiros anos do século, vivíu no Mazo (Riotorto), concretamente na casa onde tiña a tenda Salustiano do Ferreiro. Compaxinaba a fotografía co traballo de barbeiro. Tamén sabemos que chegou a construír máquinas fotográficas, coma unha que lle vendeu ao Queitano, outro fotógrafo de Riotorto. Poucos son os datos que temos do Corelo, pois emigrou á Arxentina, non quedando descendencia súa en Riotorto.

década de 1920

Etiquetas: Fotografía

Arquivo: Casa de Potes