Riotorto no tempo

O traballo

O traballo ocupaba a maior parte do tempo dos nosos devanceiros; os labores do campo marcaron gran parte da actividade dos veciños de Riotorto. Fotografías da sega ou das mallas son testemuñas dun pobo traballador e solidario.

Ver todas Buscar por: DataTagsLugar

Comentarios

Marisa de Nuca

2016-09-08 11:44:01

MALLA DA CASA DE NUCA NAS RODRIGAS No pico da meda está Francisco do Garrido ( pai de Carmiña ) . De esquerda a dereita Angélica do Rego 1,Elvira de Paco 2 , sin identificar 3 ,Rosa de Agosto (coa cesta na man) 4 ,Manuel da Silva (do Caboxo) 5 , Herminia de Potes 6 ,Boliqueiro de Santa Marta ( dono da máquina de mallar ) 7 , Marisa de Nuca 8 , Rosy Rivas(na porta) 9. Enriba da máquina "mechando" Saro ( fillo do Boliqueiro ) e detrás Benedicto de Nuca. Detrás da máquina, cabeza con sombreiro sin identificar.

Máis imaxes

Primeira imaxe

Malla nas Rodrigas

Na meda está Francisco do Garrido. Tamén participan: Elvira de Paco, Angélica do Rego, Benedicto de Nuca, o Buliqueiro (fillo e pai), Rosa de Agosto e un irmán de Benedicto

As Rodrigas, década de 1960

Etiquetas: Malla

Arquivo: Benedicto de Nuca