Riotorto no tempo

Paisaxes e retratos

Nas paisaxes vemos como foi cambiando Riotorto ó longo do tempo. Por outra banda, a fotografía era moitas veces a única maneira de coñecer a familiares nados na emigración e tamén dalos a coñecer a aqueles veciños que por motivos económicos tiveron que marchar buscar a vida noutras terras.

Ver todas Buscar por: DataTagsLugar

Comentarios

arrincadeira

2010-11-27 14:45:04

Francisco Fernández del Riego, intelectual e escritor, morreu hoxe pola tarde en Vigo aos 97 anos de idade. Del Riego foi unha figura clave no proceso de reconstrución da cultura galega despois da Guerra Civil, pertencendo á xeración Galaxia e dedicando un importante papel na difusión e o apoio da cultura galega

Máis imaxes

Cunqueiro en Riotorto

A casa de Moirón, en Cachán, foi o berce da familia materna de Álvaro Patricio Cunqueiro Mora. O escritor mindoniense era fillo de Josefa Mor Moirón, e neto de Manuel Mor Bermúdez (de Espasande de Riba) e Carmen Moirón Agüera; o seu bisavó, Manuel Moirón, foi notario de Riotorto. Parece ser que o segundo apelido de Cunqueiro cambiáronllo por erro no servizo militar, pasando de "Mor" a "Mora". A foto corresponde a unha das numerosas visitas que fixo Cunqueiro á casa de Moirón, e nela aparecen: Francisco Fernández del Riego (de Vilanova de Lourenzá, académico e escritor, presidente da Real Academia Galega entre 1997 e 2001), José María Moirón (curmán de Álvaro Cunqueiro), Álvaro Cunqueiro (académico, escritor e xornalista) e César Antonio Molina (cónsul de Uruguai na Coruña e pai do ex-ministro de Cultura do mesmo nome)

Cachán (Riotorto), data descoñecida

Etiquetas: Álvaro Cunqueiro

Arquivo: Xusto Moirón