Riotorto no tempo

Paisaxes e retratos

Nas paisaxes vemos como foi cambiando Riotorto ó longo do tempo. Por outra banda, a fotografía era moitas veces a única maneira de coñecer a familiares nados na emigración e tamén dalos a coñecer a aqueles veciños que por motivos económicos tiveron que marchar buscar a vida noutras terras.

Ver todas Buscar por: DataTagsLugar

Comentarios

P MoirónCabanas

2010-11-17 15:54:01

Parabens por o voso traballo,gusta ver todo o que facedes,eu disfruto moito.

Máis imaxes

A nai de Álvaro Cunqueiro

Josefa Mor(a) Moirón, coñecida como Pepita, casou en 1908, ós 22 anos de idade, con Joaquín Cunqueiro Montenegro, boticario en Mondoñedo e natural de Cambados. Pepita descendía da familia Moirón de Cachán, nacera en Madrid e era filla de Manuel Mor(a) Bermúdez, natural de Santa Marta de Meilán -concretamente de Espasande de Riba- e Carmen Moirón Agüera, natural de Riotorto. Vivía en Mondoñedo, xunto coa súa irmá Eugenia -nacida en Burgos- e a súa tía Pilar Moirón Agüera, natural de San Pedro de Riotorto, que rexentaba un pequeno comercio de lenzaría chamado "Géneros de Punto", situado no baixo da súa vivenda, na Praza da Catedral.
Joaquín e Pepita foron os pais de Álvaro Cunqueiro, un dos máis importantes escritores galegos. Cunqueiro nunca perdeu os lazos coa familia de Riotorto, onde pasou gran parte da súa infancia e xuventude. Usou pseudónimos relacionados coa súa familia materna, como Patricio Mor -Patricio era o seu segundo nome de pía- ou Benito Moirón.
Dicía Cunqueiro da súa nai: "tiña unha grande fantasía. Contaba historias, recitaba romances e cantaba. Sabía todas as zarzuelas. Inventaba contos para que estiveramos calados e quietos. Esto parece que foi unha especie de mediciña na nosa casa. Eu mesmo participaba nesta creación de contos."

década de 1920

Etiquetas: Álvaro Cunqueiro

Arquivo: Xusto Moirón