Riotorto no tempo

Actividade recente

698 rexistros | Páxina 9 de 70 | Anterior1 ...45678910111213... 70Seguinte
Subiuse unha nova foto 2012-11-30 09:35:34

Pepín de Lourín é neto do ferreiro da Ermida. De neno, e durante as vacacións, saía alindar as vacas por detrás da casa dos avós, nuns prados en pendente: "Ás veces tiña que correr a tumba aberta porque ós animais non lles facía gracia que xogaran con eles". Hoxendía vive en Murcia e traballa como xornalista na axencia EFE. De mozo escribiu algún artigo en "El Progreso" sobre os ferreiros de Riotorto.

Subiuse unha nova foto 2012-11-28 10:36:57

Información aparecida na revista "Vida Gallega", editada en Bos Aires nos anos 20 e 30, relativa á homenaxe que a sociedade "Hijos del ayuntamiento de Riotorto" rendeu a Luis Pérez González "Fontes", quen foi alcalde de Riotorto entre os anos 1868 e 1875. Fontes promoveu a construción da actual Casa do Concello, onde se ubicaron as escolas públicas de nenos e nenas, ademais do xulgado e o cárcere.

O alcalde Fontes dirixiu o concello nuns anos moi convulsos: comezou o seu mandato coa revolución de 1868 e rematou coa proclamación da I República e a restauración borbónica con Alfonso XII. O seu caracter liberal e demócrata levouno a enfrontarse ós carlistas, nas revoltas que se produciron no marco da III Guerra Carlista. Todo isto ocasionoulle inimizades polas que tivo que dar conta de certos asuntos diante da xustiza.

A sociedade "Hijos del Ayuntamiento de Riotorto" promoveu a elaboración do busto de bronce que na súa honra aínda hoxe preside a casa do concello.

Subiuse unha nova foto 2012-11-23 12:50:13

Grupo de rapaciños na festa de Santa Marta a mediados dos anos sesenta. Un invitado á festa, Nieto, Elías, Ánxel do Cobo e Pepe de Elías. Amenizou a festa unha das orquestas máis populares daquela: Radio Jazz de Lourenzá

Boa noite. Eu son o fillo de Josefa de Valente. Enseñei a foto a miña nai, pero ela dixo que nesta foto non está, así como non está o seu irmá Vicente, mentras está a outra irmá Aurelia. A nena detrás de Ada de Lao se supone ser doña Auria de Augaxosa. Un saúdo, e que sigan así con o voso bo traballo. ;-)

rosa fixo un novo comentario 2012-11-15 10:22:47

O neno rubio da segunda fila é: Guillermo, fillo de Eugenio de Guillermo do Vilar de Santiago. Detrás da mestra Doña Elsa ; Amandina de Balbino. As nenas que están diante: Maribel do Crego, e Mari Carmen do Pombo. Solo me falta a nena das TRENZAS.... , a que está entre Aurelia e Angélica.

Creo que el otro portador, el de detrás es Nicolás do Tio Luis (Augaxosa)

Creo que los portadores de delante son Jose das Monxas do Vilar y Andrés dos Teixeiros. Al lado de Andrés Josefa de Rampon.

Subiuse unha nova foto 2012-11-08 18:16:08

Posiblemente coincidindo cun día na herba seca e aproveitando que había festa, un grupo de veciños de Santa Marta de Meilán aparecen de celebración en Bretoña: Eusebio de Valentín, Esperanciña do Caseiro, Manuel do Caseiro, Delfina e Manuel de Elías, Lucía do Vivo, Venancio do Correo, Cheno do Buliqueiro, Elviro do Préstamo, Avelino do Carabinero, Benjamín, Pepe de Sidro, Miro, Pepe e Elías de Manuel de Elías

rosa fixo un novo comentario 2012-11-05 22:25:19

De izquierda a dereita primeira fila: Juan de Elías, Avelino de Monxín, José Luis da Carballesa, Cente de Valente, Santiago da Cantina , José de Liberte, Fernando de Elías, Mercedes do Andreo e Paz do Gasallo. segunda fila:.........................., Josefa do Crego, Ofelia da Villa, Aurelia de Valente,..............................,Angélica da monxa, Placer de Sara, Mari Carmen do Basilio. terceira fila:Pura do Folgueiro, Doña Marisa(mestra), Remedios do Garabeño,Remedios de Comendeiro, Inés do Seguidín, Martina de Vidueiras, Josefa de Valente, Lucita de Ramallal, Laura de Lao, Marité de Lao, Marisol do Folgueiro, Estrella do Gorro, Elsa do Gaiteiro(mestra),......................., Brígida de Lao. Cuarta fila: Azucena de Falcón, Genma do Folgueiro(nena da comunión), Rosa do Gasallo (nena da comunión), Toto de Cortón (neno da comunión), Ada de Lao(nena da comunión), Mercedes do Zapateiro(nena da comunión),, Fina de Balseiro, Isabel de Isidoro, Mari Digna, Felicitas de Falcón, Marité de Balbino. O cura era : DON HERNÁN VILLARINO LEIVAS.... Faltánme algunhos nenos espero que alguén me axude a poñerlles nombre.. muitas gracias a Paz Alvite que logrou coñecer a case todos.

Subiuse unha nova foto 2012-11-05 20:25:51

Nos anos setenta a sala de festas "El Recreo", na veciña localidade de Lourenzá, era lugar habitual de lecer para a xuventude de Riotorto. Na foto aparecen Suso da Ferraría, Pepín de Carboeiro, Pepe de Elías, José Luis de Durán e Fernando Villapol "tomándolle unhas"