Riotorto no tempo

Actividade recente

699 rexistros | Páxina 70 de 70 | Anterior1 ...61626364656667686970Seguinte
Goretti fixo un novo comentario 2009-08-25 10:39:53

Eu teño esta mesma carroza sacada dende o frente, miña nai é a nena que vai dentro á esquerda disfrazada de galega. Tamén distingo a Toño de Drogas, a Manolo de Nuca, a Manolo do Pinto, Pedro de Santa Marta....

Grazas pola información. O noso informante non tiña claro se era do San Pedro ou do San Isidro. Lémbrase de quen puido ser o fotografo?

La foto corresponde al año 1963 en las fiestas de San pedro, que fue la primera vez que se hizo desfile de carrozas, que más adelante pasaron a San Cristóbal. Estas fiestas fueron organizadas por Pepe de Veiga, Ferrador de Val, otro que no recuerdo del Llano y yo. Se vendió la pegatina de "Se a Riotorto chegas, amigo levas" La corroza es la del Teixeiro y quien aplaude en primer plano soy yo.

Grazas por inaugurar os comentarios Bonia. Lémbraste de quen máis presentara carroza aquel ano?

Bonia fixo un novo comentario 2009-08-24 12:26:10

Sandra, Bonia, Elsa, Luisa, Mónica, Begoña, Mari, María José, María Teresa e Maricarmen. Ano 1986. Gañamos o primeiro premio. 40000 pesetas daquela época.

Subiuse unha nova foto 2009-08-22 15:52:04

Procesión ó redor da igrexa de San Pedro co gallo das comunións. Aparecen, entre outros: Horacio do Curral, un fillo de Rafael de Val, Ángel do Carrolo, Ameliña de Cachán, Pilar e Teresa de Benitín e Mariluz de Rigueiro

Subiuse unha nova foto 2009-08-11 09:15:41

Foto da tómbola de Gómez, que durante tantos anos acompañou a celebración das festas de Riotorto. A súa chegada anunciaba o inicio das festas

Subiuse unha nova foto 2009-08-11 09:11:36

Enio, o Serrano, Primo, Toño e Antoñito de Drogas, entre outros, disfrutando dunha merenda na Croa polas festas de Riotorto. Tamén sae Teodoro de Chacin, o fotógrafo

Subiuse unha nova foto 2009-08-11 09:04:17

Enio pasando o seu Land Rover na bendición do San Cristovo. Ó fondo vemos a tómbola de Gómez que tantos anos acompañou a festa. Vemos tamén como se estaba a construir a nova casa dos de Abadín