Riotorto no tempo

Actividade recente

698 rexistros | Páxina 7 de 70 | Anterior1 ...234567891011... 70Seguinte

Penso que é Lito de larpadela, o meu pai, o primeiro pola esquerda que leva o gaban e ten a man esquerda no bolsiño dos pantalons,encántame

Gustaríame ver o resto das fotos e non son capaz.Eu son a filla de Lito de Larpadeira nado en Riotorto no ano 1928 e que faleceu na Coruña no 2003.Eu teño fotos antígas de Riotorto e gustaríame ver as vosas para ver se aparece meu pai ou as miñas tías.Un saúdo

Subiuse unha nova foto 2013-02-12 16:50:35

Aparecen, de esquerda a dereita, entre outros: Sé do Porteiro, Pedrín de Petís, Pepe de Villada e familia, Víctor do Sabelo, O Lelo, O Droguero, Alfonso de Carrao, Manolo de Nuca e Inocente da Panadería. Nestoutra fotografía pode verse a Francisco Hernández Macarro, alcalde de Riotorto e impulsor da obra

Subiuse unha nova foto 2013-02-12 16:26:42

En primeiro plano aparece Suso de Abadín e subidas no carro, Rosi de Visita e Marisa de Nuca

Subiuse unha nova foto 2013-02-12 16:21:55

Á esquerda o carro de Val que resultou ser o gañador. Logo aparece o carro do Chao da Veiga que recibiu unha mención especial. Na fachada da casa de Ángel aparece o letreiro da marca de xelados Camay, que se vendían na súa tenda

Subiuse unha nova foto 2013-01-29 20:19:55

Procesión camiño de Santa Marta de Meilán co gallo da santa misión do ano 1950. Como era costume homes e mulleres ían en filas separadas. En primeiro plano Ofelia de Cariños, Remedios de Bouza, Ildara do Rego e Práxedes de Carrao

Subiuse unha nova foto 2013-01-17 14:29:33

O 30 de decembro de 1879 o rei Alfonso XII e a súa dona María Cristina de Habsburgo-Lorena recibiron varios disparos en Madrid. O autor dos mesmos foi detido inmediatamente e resultou ser Francisco Otero González. Francisco traballaba nunha pastelaría e era natural da parroquia de Lindín (Mondoñedo). Foi condenado á pena de morte en garrote vil e executado o 14 de abril de 1880 no Campo de Guardias, no barrio madrileño de Chamberí.

Francisco Otero González fora bautizado na igrexa parroquial de Santiago de Lindín o 14 de marzo de 1860. Era fillo de José Otero Alonso, natural de Lindín e de Josefa González, natural de Santa Marta de Meilán. A familia residía na vivenda coñecida como “do Valadouro” no barrio do Castro en Lindín. A prensa da época describe a Francisco Otero da seguinte forma: "de baja estatura, fornido, de buenas carnes, de color blanco y de pelo castaño” e relacionábano con células anarquistas.

O 31 de diciembre finalizada a Misa Conventual, en Mondoñedo, cantouse "un solemne Te-Deum, de acción de gracias al Todopoderoso, por haber salvado la vida de SS. MM. del atentado que acaba de cometerse contra sus personas", segundo relata Andrés García Doural

Subiuse unha nova foto 2012-12-27 22:34:27

Pilar de Moirón e Marita de Carballeira, vestidas co traxe tradicional, amosan varias ferramentas empregadas na fía do lin: Pilar a roca e o fuso e Marita as cardas.
Nas fías xuntábanse nas noites de inverno varias mulleres nunha casa, onde acudían outras persoas a cantar ou a contar contos.