Riotorto no tempo

Actividade recente

697 rexistros | Páxina 6 de 70 | Anterior12345678910... 70Seguinte

Moitas grazas pola información. Sabedes de que ano pode ser a foto?

Ola Mar, moitas grazas polos teus comentarios. Podes enviarnos as fotos ó enderezo riotortonotempo@gmail.com Se non podes escanealas, ponte igualmente en contacto connosco e facémolo nós. Respecto das fotos nas que aparecen referencias a alguén da túa familia, só temos dúas: http://riotortonotempo.org/categoria/?buscar=Larpadela De todas maneiras, hai aínda moita xente sen identificar nas fotos, por iso son importantes os vosos comentarios...

Moitas grazas a todos pola vosa colaboración. Completamos a descrición e deixamos con interrogante aquelas persoas nas que hai dúbidas

mar fixo un novo comentario 2013-02-20 13:15:28

O que aparece a esquerda e o meu tío Gonzalo Mourelle Braña de Larpadela,vivía en Mundín

mar fixo un novo comentario 2013-02-20 12:43:36

Falta Lito de larpadela

mar fixo un novo comentario 2013-02-20 11:49:28

Lémbrome de Visita que cando ías facer unha compra que che mandaban de casa dábache as voltas dos cartos en caramelos de nata ¡Genial!

Fede, lémbrome de cando salías con Gelucho o meu irmán a parrandear

Encántame a vosa recompilación de fotos.Gostaríame moito colgar algunhas fotos de meu pai nas que aparece cos seus irmans e con Manolo de Nuca de festa, sempre de festa.Podedes contactar conmigo para decirme como?

A dereita van as fillas da miña prima Marité,Enma e Sonia, as dúas de gafiñas, joo!! que recordos velas tan pequenas.Eu me lembro de ver traballar na sastrería a rapazas e rapaces cosendo nos banquitos baixiños e o satre nun mesa para min enorme ,cortando.Entraba nela coa miña tía María,que vivía na casa Borrajo diante da queixería Río co meu tío Daniel.Agora vive no Mazo coa filla Marité

Penso que é Lito de larpadela, o meu pai, o primeiro pola esquerda que leva o gaban e ten a man esquerda no bolsiño dos pantalons,encántame