Riotorto no tempo

Actividade recente

699 rexistros | Páxina 10 de 70 | Anterior1 ...567891011121314... 70Seguinte
Subiuse unha nova foto 2012-11-05 20:25:51

Nos anos setenta a sala de festas "El Recreo", na veciña localidade de Lourenzá, era lugar habitual de lecer para a xuventude de Riotorto. Na foto aparecen Suso da Ferraría, Pepín de Carboeiro, Pepe de Elías, José Luis de Durán e Fernando Villapol "tomándolle unhas"

Subiuse unha nova foto 2012-10-24 18:17:51

Comunións na Muxueira, sendo cura da parroquia don Hernán Villarino Leivas. De esquerda á dereita, na primeira fila aparecen: Juan de Elías, Avelino de Monxín, José Luis da Carballesa, Cente de Valente (?), Santiago da Cantina, José de Liberte, Fernando de Elías, Mercedes do Andreo e Paz do Gasallo.

Na segunda fila: Guillermo de Eugenio (do Vilar de Santiago), Josefa do Crego, Ofelia da Villa, Áurea da Augaxosa (?), Idalia Fiallega (de Vilaseca), Angélica da Monxa, Placer de Sara e Mari Carmen do Basilio.

Na terceira fila: Pura do Folgueiro, Dona Marisa (mestra), Remedios do Garabeño, Remedios de Comendeiro, Inés do Seguidín, Martina de Bidueiras, Josefa de Valente (?), Lucita de Ramallal, Laura de Lao, Marité de Lao, Marisol do Folgueiro, Estrella do Gorro, Elsa do Gaiteiro (mestra), Amandina de Balbino, Brígida de Lao.

Na cuarta fila: Azucena de Falcón, Gema do Folgueiro (nena da comunión), Rosa do Gasallo (nena da comunión), Toto de Cortón (neno da comunión), Ada de Lao (nena da comunión), Mercedes do Zapateiro (nena da comunión), Fina de Balseiro, Isabel de Isidoro, Mari Digna, Felicitas de Falcón e Marité de Balbino. As nenas de diante son Maribel do Crego e Mari Carmen do Pombo.

Subiuse unha nova foto 2012-10-17 12:47:23

Día da malla en Val, na aira da casa do Roxo, hoxe chamada casa do Ferrador. Aparecen na imaxe Encarnación de Basillo, a nena Mari Carmen de Loriano e detrás Albina do Roxo; de pé José do Abelleiro e sentados enriba da máquina José Antonio do Roxo, Pepe de García e á súa esquerda José do Roxo

rosa fixo un novo comentario 2012-09-22 16:03:48

o sexto é Jose Neira Uz, (Augaxosa).

rosa fixo un novo comentario 2012-09-22 15:51:09

Daniel do Andreo e Francisco de Vilaseca, portan a imaxe de San Roque.

Subiuse unha nova foto 2012-09-22 14:48:39

Procesión na feira da Augaxosa do ano 1992, logo da misa, ó redor da capela. Portando a imaxe do San Roque aparecen Daniel do Andreo e Francisco de Guxín de Vilaseca

yo tambien estube encima de esa piedra que tiempos

Subiuse unha nova foto 2012-09-12 17:16:25

De pé: Carlos de Amalia, Neira, Joseín da Muxueira, Luis de Barcelona, José Carlos e Juan Antonio. Agachados: Roberto, Juan José, Agustín, Miguel, Manolo e Jorge

Saudos. Eu son neta de Villada, o fotografo desta foto. Agradezovos que ponhades fotos feitas por el, faime verdadeira ilusion! Noraboa aos creadores desta paxina e a todos dos que dela participan. Unha aperta forte. /Antia (perdoade polos erros ortograficos, pero ando a escribir en teclado estranxeiro)

Hola a todos los companeros que esztan en esta fotografia! Estoy contento de ver la foto de todos los companeros desde el mazo hasta espasande de abaixo. Espero que alguien lea este comentario y que me contesta , por mail o por telefono(0033494487681 0033610853583) Saludo a todos de Ramiro Vidal Saldanje que vive en Francia con su familia.